Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico de Momoi. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares
comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. En total, 12 cancións que a banda compartiu xa nos seus directos, que gravaron no estudo de MaySound Producións con Ángel Morandeira e masterizaron con Cem Oral en Berlín.