Xogo de espellos é o nome do proxecto artístico que Javier Otero Neira presentou en febreiro 2024, na súa versión con orquestra (Real Filharmonía de Galicia). Trátase dunha aposta pola estética actual, con influencias da natuerza e da vida cotiá. As músicas creadas para piano, electrónica e orquestra son a canle de comunicación deste espectáculo, tan innovador como persoal. Presenta varios formatos: Piano, orquestra e electrónica Piano e electrónica Piano, electrónica e auriculares Dende a posta en marcha deste proxecto, a creación de novas músicas é o leit motiv, pois é un proxecto que non só se mira a sí mesmo, senón que está en constante evolución. A presentación da versión de piano e electrónica foi en Roma, na Real Academia de España, o 28 de abril de 2024 e tivo a súa continución en xaneiro na programación didáctica da Orquestra Sinfónica de Galicia, cunha semana de concertos dirixidos ao público xoven.