Grupo musical con base no rap que fusiona diversos xéneros musicais e instrumentos tradicionais galegos que dan como resultado un estilo bailongo e divertido cun punto forte de reivindicación e protesta dende o rural transfeminista.
O grupo nace no 2018 no Condado de Paradanta coa necesidade de ocupar escenarios, torreiros, primeiras filas e todos os encontros do panorama musical nos que impera o patriarcado. Catro mulleres que aprenden cousas novas todos os días "grazas a este fermoso proxecto", compartíndoo con artistazas como La Basu, TESA, Brassica Rapa, As Punkieteiras, Cristina Morquillas, Peter Petrowski, Corazón Molotov e outras tantas que están por vir.