Detrás da Cía SinTriz está Beatriz Rubio Mejía; artista multidiciplinar de orixe madrileña.
Comezou nas artes escénicas na escola de circo de CARAMPA, Madrid, para máis tarde especializarse en acrobacia de dúo e equilibrio de mans na Escola Nacional de Circo de Kiev, Ucraína. Durante toda a súa carreira artística continuou formándose tanto en circo como en danza ou teatro; así como desenvolvendo outras facetas e aprendizaxes como deseño de iluminación ou escenografía.
En 2009 fundou a compañía Vueltos de Rosca xunto con Andrés Vázquez de Prada, e desde 2017 forma parte da Cía iO, como intérprete, produtora e escenógrafa. Ademais de virar con espectáculos propios do seus compañias, tamén participou en diferentes producións doutras compañías, circos e eventos; actuando en países tan diversos como Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Dubai, Marrocos ou Ecuador, ademais de percorrer o territorio nacional.