Guadi Galego, cabeza de cartel no Ourensound 2025
Guadi Galego figura entre os cabezas de cartel do Ouren Sound Fest 2025, xunto con Xoel López, Viva Suecia, Siloé ou Sexy Zebras. Un festival que terá lugar no Club Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) durante os días 22, 23, 24 e 25 de maio.
O concerto da xira Síntese Horizonte será o sábado 24, ás 19:30h. Un traballo que consta dunha coidada estética, unha posta en escena cargada de forza e unha portentosa banda que acompaña a Guadi Galego nos seus directos e fan deles unha experiencia sonora chea de emotividade.
A parada no Ouren Sound é unha das moitas datas confirmadas, entre as que se contan a do sábado 31 de maio, día no que Guadi actuará no ciclo Latexar de Terras Gauda, no Rosal. Unha serie de concertos enmarcados na xira de Síntese Horizonte, que finalizará o 25 de outubro cunha gran despedida da xira na sala Capitol de Compostela.