Leti da Taberna leva o seu espectáculo Enredada de xira co programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Leti da Taberna arrinca a súa nova xira con Enredada, un espectáculo cheo de humor dentro do ciclo FalaRedes 2025 da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A primeira data terá lugar o próximo 26 de xuño no Edificio Liceo de Betanzos.
Enredada é unha proposta escénica en forma de monólogo cun estilo fresco e descarado. A artista achégase ás historias cotiás da xente do común con unha ollada crítica, feminista e fondamente galega, enchendo o escenario de moita sorna e crítica ás redes sociais, onde se deu a coñecer ela en 2020 e onde conta con milleiros de seguidores.
Leti da Taberna é unha das voces máis irreverentes e auténticas da escena galega actual. As súas creacións destacan pola conexión directa co público, que se sente parte activa do espectáculo. Podes ler máis sobre esta nova posta en escena no noso catálogo.