‘Pélago. Contos oníricos’ de Guadi Galego xa dispoñible en tódalas plataformas dixitais
Despois da súa saída en formato físico, o novo disco de Guadi Galego, Pélago. Contos oníricos, chega agora ás plataformas dixitais para que podas gozar das súas novas composicións dende calquera lugar.
Pélago. Contos oníricos é un traballo que nos invita a mergullarnos nun mundo de imaxes e sentimentos, onde a propia artista propón un viaxe onírico a través das súas letras e cancións. Un álbum cheo de matices, que mestura tradición e innovación, e que ofrece unha experiencia única, entre o soño e a realidade, co mar como fío condutor.
A nova obra, que tamén pode adquirirse nun coidado formato físico con ilustracións de María Maquieira a través da web oficial de Guadi Galego guadigalego.eu, é un paso máis na evolución artística dunha das voces máis destacadas da música galega contemporánea.
Non te perdas a oportunidade de descubrir, unha vez máis, o talento único de Guadi Galego e deixar que as súas melodías te acompañen en cada momento.
Este verán tes novas oportunidades de ver en directo a Guadi Galego na súa xira Síntese Horizonte antes do seu remate na Sala Capitol de Santiago o 25 de outubro. Próximas datas:
- Ruada das Gotas, Ribadumia. 21 de xuño.
- Tierra Bobal Fest, Valencia. 28 de xuño.