Formulario de busca


Vero Rilo é narradora oral.Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.

A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto.

Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…



Máis artistas do catálogo

Trío Refugallo

Trío Refugallo

+ INFO
Merina Gris

Merina Gris

+ INFO

Fanfarria Taquikardia

+ INFO

Boom Boom Fighters & Cookah P

+ INFO