Tralalareira
Ficha artística
Sinopse
TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral e música para público adulto. Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo...) ao acordeón. Este espectáculo nace da boca dunha muller, da señora Isolina, Ai neniña, o que se contaba darredor dun lume, que dicía ela. Esa frase fixo prender a lareira, e que cociñásemos historias de vida, de tradición oral e contos de autor/a xunto con músicas para cantar acompañadas.
Ela sempre dicía tamén que a vida é curta e logo pasa… Fixo iso que sacásemos o viño vello e o viño novo e que brindásemos. Lume, palabra, mulleres e música para contar e cantar con alegría parte da memoria dun pobo. TRALALAREIRA é espectáculo a pedir de boca, con humor e viño, para padais pouco finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba (e o que non) tras dunha lareira... Vai outra?