Formulario de busca


Vero Rilo é narradora oral.

Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.
A música está moi presente nos seus traballos a dúo, aínda que por máis que o intente nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto.

Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia,  alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.
Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser,  o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…



Máis artistas do catálogo

Os Fondaos do Pífaro

Os Fondaos do Pífaro

+ INFO
Judit Neddermann

Judit Neddermann

+ INFO
SU.MA

SU.MA

+ INFO
Okidok

Okidok

+ INFO