CACHO ANIMALADA é unha sesión de narración oral e música para público infantil. A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e voz do multifacético Luis Iglesias. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría fan cordada cun feixe de animais e animaladas pensadas para gozar en familia. Un espectáculo fresco e despreocupado para recargar enerxías. Esta obra é unha aventura nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil… Todo o repertorio vai da man da música, do rock, da alegría, dos animais e, por que non, de certas animaladas! Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro Raposas, merlas, lobas, toupas, nenas, lagartas… corredes con nós?