Formulario de busca

NOVAS

O Magiclown volve a Ibiza do 26 ao 29 de setembro

 

  • Celébrase en Sant Josep de sa Talaia e trae grandes nomes como os ilusionistas Miguel de Lucas e Jorge Blass

O Magiclown regresa un ano máis a Sant Josep de Sa Talaia para levar a diversión e a maxia dol circo ás súas prazas. Compañías e artistas chegados de diferentes lugares da península encherán de humor e maxia diversos espazos de San Josep, con espectáculos dirixidos a todos os públicos.
As actividades do Magiclown comezan o xoves 26 en Can Jeroni, cun espectáculo do Mago Teto, un dos magos con maior traxectoria de Galicia. O cartel de maxia complétano dous dos ilusionistas máis recoñecidos do Estado: Miguel de Lucas, o  viernes ás 19.30h ey Jorge Blass, que pechará o Magiclown o domingo ás 21 horas.
AAo longo do sábado e o domingo a programación complétase con circo e acrobacias de compañías chegadas de diferentes puntos da Península. A compañía catalana Cia Le puant traerá a Sant Josep o espectáculo Tot sol… I nuvol; Rolabola achegará o seu exitoso Rock Cirk, e Sempre arriba completa o programa coas súas extraordinarias acrobacias de Hoy… sí! Ademais, haberá dúas xornadas de espectáculos para público escolar, que se realizarán en tres escolas de San Josep de sa Talaia, e que correrán a cargo do Mago Teto.

O Magiclown é un festival organizado polo concello de Sant Josep de sa Talaia. Culturactiva S. Coop. Galega é a entidade responsable da coordinación e a produción.

A programación completa do Magiclown está dispoñible na web magiclown.org

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Ghrelo Power

Silleda

05-10-2024

13:30


Palabras

Arzúa

05-10-2024

18:00


As Alumnas

Oleiros

05-10-2024

20:30


Enredada

Touro

05-10-2024

20:30


De cando os animais cantaban

Leiro

05-10-2024

21:00


Molto Barroco

Sangüesa

06-10-2024

18:00


Tavole

Lugo

06-10-2024

18:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG