Xurxo Fernandes fórmase desde moi novo en baile e canto tradicional comezando en 1994 un traballo de campo por aldeas de Galicia. Isto mestúrao achegándose ás sonoridades propias das comunidades sefardís, polo que percorreu parte do mundo con proxectos como Jako el Muzikante. Como músico e intérprete crea Radio Cos, proxecto musical co que publica dous discos e no 2016 representa a España no prestixioso festival de músicas de raíz WOMEX. Nesta última década dirixiu outro proxecto musical colectivo, Pandeireteiras sen Fronteiras e lanzou un EP nomeado Altaplana, acompañado por Pedro Lamas. No 2021, a mestura da sua vagaxe segue na procura desta conexión única, cunha sonoridade peculiar: Levaino!