Formulario de busca

NOVAS

Comeza a primeira edición de Clásica Popular Compostela

Queremos romper os prexuízos que existen sobre a música clásica achegándoa a todos os recunchos de Compostela e ao público de todas as idades. Moita xente asocia estas melodías a algo aburrido, pero estas compañías van demostrar que se pode gozar da música clásica mentres escachas da risa”, afirman dende a organización. As encargadas de levar a cabo estos 16 espectáculos que pasarán por diferentes centros socioculturais, institutos e a Escola Municipal de Música son Culturactiva Producións, Catro Cores, Píscore, Cuarteto Clasic4s, Félix Rodríguez e Fran Rei. Esta primeira edición do festival financiado polo Concello de Santiago e conta co apoio da rede de centros socioculturais.

Para as persoas que non poidan achegarse poderán ver algúns dos espectáculos por streaming dende a canle de YouTube de Culturactiva S. Coop. Galega.

 

  • Culturactiva Producións

Culturactiva Producións é unha compañía e produtora que con pezas como Falar sen Cancelas, Sénior , Saaabor! ou Desconcerto.  O humor e a versatilidade son as señas de identidade desta compañía que ten unha produción teatral constante e máis de 20 anos de experiencia.

 

  • Catro Cores

Catro Cores é un cuarteto coruñés formado por trompistas galegas que, tras coñecerse na Orquestra Sinfónica, formaron esta agrupación no 2016. Entre os seus obxectivos está achegar a música clásica que tan ben coñecen a todo tipo de públicos.

 

  • Píscore

Premio do Público no Festiclown 2017 e 2019, Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Esta compañía naceu na primavera do 2016 e ten a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.

 

  • Cuarteto Clasic4s

O cuarteto de corda CLÁSIC4S nace con dous propósitos ben marcados. Por un lado, achegar a música culta ao público xeral e, por outra banda, amosar o amplo abano de posibilidades que ofrece un cuarteto de corda "clásico". Para iso, escolle un repertorio variado e ameno onde os grandes clásicos (Vilvaldi, Mascagni, Albinoni) conviven con outros estilos máis populares como os tangos de Gardel e Gerardo Matos ou incluso o rock de Queen, AC/DC ou Led Zeppelin.

 

  • Félix Rodríguez

Músico dende os doce anos, colabora con numerosas agrupacións profesionais como a Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Santiago de Compostela, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Vigo 430, Rastrexos Project ou Odaiko Percussion Group; e forma parte das compañías de teatro musical Píscore e Trío Detrés.

 

  • Fran Rei

Fran Rei é autor de guións, director teatral e actor cómico especialista en clown. Ten participado en máis dunha vintena de espectáculos teatrais e tamén ten experiencia no mundo da televisión, onde xunto a Pedro Brandariz formou as parellas cómicas O Gordo e o Calvo e Os Ramistas.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Bravas na Sala Ártika de Pontevedra

Pontevedra
22-10-2021
Horario pendente de confirmación

Senda sobre ruedas en Ourense

Ourense
22-10-2021
21:00

Quixote en Oroso

Oroso
23-10-2021
Horario pendente de confirmación

Mago Teto en Verín

Verín
24-10-2021
Horario pendente de confirmación

Cantares de Cego en Carballo

Carballo
24-10-2021
12:00

Lavandeiras en Pontevedra

Pontevedra
24-10-2021
19:00

Guadi Galego en Santiago de Compostela (Gala aRi[t]mar)

Santiago de Compostela
27-10-2021
20:30



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG