Formulario de busca

NOVAS

O grupo internacional de cantareiras belga Ialma volta aos escenarios galegos para homenaxear a Rosalía de Castro.

O grupo internacional de cantareiras belga Ialma volta aos escenarios galegos para homenaxear a Rosalía de Castro.

O grupo Ialma está composto por catro cantareiras fillas da emigración nacidas en Bruxelas. Catro mulleres loitadoras e concienciadas coa esencia máis tradicional, a contemporaneidade e a fusión das culturas que conviven con naturalidade e harmonía na cidade belga. Os seus traballos, característicos por reflectir a súa propia historia e a de tantos emigrantes, que se repite no tempo, leva 20 anos recorrendo o mundo polos mellores festivais de música folk, de raíz, de fusión e divulgación. Dende Ortigueira ata Castrelos, dende Marrocos ata Taiwan ou Canadá e incluso ate Eurovisión de mans dunha das compoñentes, Verónica Codesal. Grandes artistas como Guadi Galego, Dulce Pontes, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Kepa Junquera, Quique Peón, Xurxo Fernandes, Eliseo Parra, Kiko Veneno, A Filleta, Manou Gallo, Arbon Urban Trad apostaron pola súa marabillosa colaboración.

Con sete exitosos discos no mercado, Ialma volta a Galicia con cancións do exilio, con alento cheo de diversidade en forma de cantareiras. Música de raíz galega cunha ollada futurista, adaptada aos novos tempos tanto en temática como en ritmo. Temas profundos e sentimentais conviven con outros máis festivos e bailables para homenaxear a Rosalía de Castro. 

Ialma e Rosalía, almas xemelas identificadas pola historia, as vivencias, o sufrimento... Ao igual que a ilustre galega, Ialma é un horizonte de esperanza que ama a música, a poesía, a danza, a xente. 

Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir.

A cal dos cinco concertos irás?

  • 23/02 - Pontevedra Gala de Rosalía. Entradas aquí
  • 24/02 - Vigo Gala de Rosalía. Entradas aquí
  • 25/02 - Vilalba , homenaxe a Rosalía. entrada aquí.
  • 26/02 - As Pontes , concerto "Camiño". Entradas aquí.
  • 27/02 - O Rosal, concerto "Camiño". Información de entradas proximamente.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG