Formulario de busca


Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia

Artista do ano para Folkword 

Candidata a artista do ano para BBC Radio 3

Artista Top TEN na Revista Songlines

"Premio Especial do Xurado" festival "Cidade Vella", Santiago de Compostela. 1990, "Premio á Autenticidade" (2000), "Artista do Ano", "Folkword", 2000, Finalista "Mellor artista do ano", "BBC Radio 3", 2000, "Top of The World", Songlines para "Isué", 2000. • "Galega do Ano", 2005, "Premio Nacional á Cultura 2008" (Música) Xunta de Galicia, Álbum "Sós" quinto "Mellor disco no mundo" polo prestixioso "World Music Charts Europe"(2011)

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. A súa música achega unha variedade compositiva que arrinca desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.

Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum, chamado Isué. Nos seus traballos posteriores Ajrú (2004) e Sihá (2007), as súas composicións levárona a unha particular atmosfera na que se achegou ao electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras. A principios do 2011 sae o seu cuarto traballo discográfico, Sós, máis próximo á música de vangarda. Catalogado como maduro, fresco, sorprendente e creativo, amosa un momento da súa carreira especialmente brillante, como amosan os seus múltiples recoñecementos: Sós foi escollido polo World Music Charts Europe como Mellor álbum durante dous meses consecutivos, e a plataforma e marca musical Womex escolleu a Peón como artista recomendada en 2011, sumando estes a premios anteriores como o de artista do ano para Folkword no 2000, a nominación a artista do ano da BBC Radio 3 ou o Top of the World de Songlines por Isué. O seu sorprendente e dinámico espectáculo, onde os seus samplers, creados e arranxados por ela, soaban mesturados coa voz, clarinete, gaita e percusións, xirou por toda Europa e chegou a viaxar a Canadá.

A finais do 2012, Mercedes Peón comeza unha aventura musical co grupo Warsaw Village Band, de Varsovia. Participa nunha xira polo pais polaco que culminou coa súa participación no álbum Sun Celebration (2015). Todo elo combinado coa composición do seu quinto traballo discográfico en solitario, Déixaas (2018), froito dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora. Sen abandonar as raíces da tradición, incorpora unha faceta contemporánea inspirada no traballo de campo con sons reais como os dos espazos industriais de Ferrolterra, dando pé a un disco de novo candidato a mellor disco europeo por Songlines. O universo creativo de Mercedes Peón amplíase así, ao combinar artesanía musical e vangarda creativa mentres mantén o seu discurso, sempre social e feminista. Esta traxectoria fai dela unha das artistas galegas máis destacadas de comezos do século XXI.



Máis artistas do catálogo

Catropés

Catropés

+ INFO
Patty Diphusa

Patty Diphusa

+ INFO
Miguel de Lucas

Miguel de Lucas

+ INFO
O cego na feira

O cego na feira

+ INFO