Boogies
Boogies
Bio
Boogies é unha banda formada por Hugo (baixo e voz), Germán (voz principal e guitarra eléctrica) e Brais (batería), nacida no verán de 2025 en A Guarda. O seu son bebe do punk,...Bio
Boogies é unha banda formada por Hugo (baixo e voz), Germán (voz principal e guitarra eléctrica) e Brais (batería), nacida no verán de 2025 en A Guarda.
O seu son bebe do punk, do rock’n’roll máis cru, do surf rock e do post-punk, cunha identidade moi ligada á costa e cantada sempre en galego, pensada para o directo. A súa música combina enerxía, ironía e momentos atmosféricos, mantendo unha forte conexión co lugar do que veñen.
Sentimentos é a súa primeira maqueta, publicada a finais de 2025. Tras varios concertos con moi boa acollida, Boogies continúa medrando dentro da escena alternativa galega coa intención de levar o seu directo a novos espazos.