Formulario de busca

Cirkompacto


Cirkompacto é a unión creatova de Iván Casanova e Malala Ricoy. Unha compañía de recente creación que, nacida baixo a premisa da importancia que o circo e as artes escénicas poden ter e tiveron na educación social, pretende cargar de contido todos os seus espectáculos.

Xuntos formáronse, ata agora, na pedagoxía do clown de Michel Dallaire, no Hangar Manicómico, con cursos con profesores como Christine Roussignol, Manu Sembely ou Carlos Sante e Marta Iglesias. Tamén se formaron en acrobacia na Escola Fedriani, en portés acrobáticos, con Mariano Pujal (Amontonados por Azar/Circo Criollo) en Circonove, Fernando Jorge Melki (Duo Leti e Fer, Cronopis), ademáis de en Slapstick con Jorge Méndez. Previa a esta creación desenvolveron conxuntamente The Bobbies, dúas personaxes policías moi excéntricas que tocan diversas disciplinas circenses. 



Máis artistas do catálogo

Vero Rilo

+ INFO
Barrosanta

Barrosanta

+ INFO

Cía La Pulpa

+ INFO
Suso Vaamonde

Suso Vaamonde

+ INFO