GaleRock'N'Magic
Ficha artística
Guitarra eléctrica e voces: Mr. Cool
Baterista: Fer Risco
Técnico de iluminación e son: Javier Adán Ayude "Beca"
Audiovisual: Granero Vídeo
Deseño gráfico: Carla Piñeiro "Labluetattoo"
Fotografía: María Simon
Idea orixinal: Héctor Guerra
Composición e arranxos musicais: Ramón Orencio
Sinopse
Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como Rock&Magic? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito; facendo un novo volume coas nosas músicas, co Rock e a música galegas que marcaron e marcan as nosas vidas.
GaleRock'N'Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Viaxamos desde o rock galego dos 80 e 90 de Siniestro ou Los Suaves ata o do século XXI pasando polo bravú.
Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas. Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.