Nabiza Girl II
Ficha artística
- Idea Orixinal: Isabel Risco
- Guión: Carlos Ares e Isabel Risco
- Elenco: Isabel Risco e Alberto Bello
- Dirección: Fran Rei e Isabel Risco
- Deseño do espazo escénico: Suso Montero, Isabel Risco, Alberte Bello
- Deseño de Vestiario: Isabel Risco
- Realización da escenografía: Alberte Bello
- Deseño gráfico: Manel Cráneo
- Produción artística e coordinación: Marta Horjales
- Produción: La Yogurtera S.L
Sinopse
Pensabades que morrera, pero estaba de parranda!
A máis importante superheroína galega é ben poderosa e supera todas as adversidades. Volve aturuxar dende o cumio do Pindo a nosa Nabiza Girl acompañada nesta aventura polo seu fiel escudeiro, Don Galizo, para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra. Nesta nova odisea as nosas superheroínas pasarán por un feixe de situacións disparatadas nas que Nabiza deberá empregar todas as súas habilidades para sobrevivir e vencer ao inimigo para salvarnos. Isabel Risco e Alberte Bello achegan unha comedia valente, destemida, arriscada e chea de sorpresas nun espectáculo cheo de feminismo, reivindicación do galego e do noso medio; pero cargado, sobre todo, de gargalladas e humor.