Unha unión da maxia e as letras para ilusionar e divulgar co galego. O Mago Teto achega o seu primeiro espectáculo coa dinamización e defensa do galega como vehículo condutor das diferentes maxias que contén o espectáculo. “AS NOSAS LETRAS” rende unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Dende as primeiras manifestacións literarias en galego no misterioso Medievo, ata as letras das cancións dos grupos da nosa terra escritas nos últimos anos, pasando polos Séculos escuros , o Rexurdimento, e o século XX, coas súas guerras, ditaduras e prohibicións, que tanto influíron na situación actual da lingua galega. Veremos neste espectáculo marabillosas maxias que nos van a espertar o coñecemento histórico e contemporáneo do galego. Levaremos a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubriremos unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, faremos adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.