Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen se lle dedica o Día das Letras 2016.
Ler máis