En Pablo Cool & Dimitry, Pablo Muñoz e Iván Prado unen os seus talentos nunha oportunidade única.
Pablo Muñoz é "Pablo Superstar Cool", un referente da maxia cómica. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota. Cursou clown e técnicas de humor con Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas, e foi premiado co Nariz de Ouro do XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid ou o Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Santa Susanna (Barcelona).
Iván Prado é a risa. Ademais de dirixir proxectos como Pallasos en Rebeldía e Festiclown Palestina, festivais como Festiclown, Fira Magica e Magiclown, e compañías como Good Idea ou Os Sete Magníficos Máis Un, é actor nesta produción que xorde dunha exitosa xira por festivais brasileiros de maxia e clown.
Ler máis