Puño, Puñete é un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral. O punto de partida é un diálogo rimado que moita xente coñecerá: “Puño, Puñete, que tes por dentro? / Pan e fermento! / Puño, Puñete, que tes por fóra? / Pan e cebola!”. Comezando dese xeito, Baobab convida aos cativos e cativas coas súas familias a descubrir un mundo de sensacións e emocións. O espectáculo está pensado para público de 1 a 7 anos e apoiado cun disco, respectando un dos principios de Baobab Teatro: a súa crenza na palabra, na música e as cantigas como medio de comunicación dende que nacemos, dende o berce.
Ler máis