Unha gorxa chea de paxaros
Ficha artística
Luís E. Correa Piñeiro (Voz, gaita, requinta, zanfona e percusións)
Pablo Rial Salgueiro (Voz, acordeón diatónico, gaita e percusións)
Isaac Teniente Molinos (Voz e percusións)
Juan A. Álvarez Iglesias (Voz, gaita, pínfano e percusións)
Gabriel Pérez Torrón (Voz, gaita, clarinete, requinta, pínfano e percusións)
Sinopse
Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas e celebran máis de tres décadas de música en galego co gran Poeta da Terra.
Deste encontro prodixioso entre a música e a palabra xorden trece temas, Unha gorxa chea de paxaros e de versos, cos que celebrar a longa vida dunha das bandas fundamentais da música tradicional galega.
Amais, Os Carunchos contan cun formato de pasarrúas, Animación de rúa, que inclúe un vivo repertorio que vai gañando adeptas e adeptos por onde pasa.