War Baby
Ficha artística
Elenco espectáculo
Fidel Fernández, JuanFran Dorado, Luis Cao, Jony Elías, Raúl Cano Cano
Dirección
David Ottone, Joe O'Curnee
Duración minutos
65min
Sinopse
Ao máis puro estilo Yllana, War Baby trasládanos a un centro de reclutamento militar no que un grupo de despistados reclutas son entrenados para unha disparatada guerra que orixinou o líd...
Ao máis puro estilo Yllana, War Baby trasládanos a un centro de reclutamento militar no que un grupo de despistados reclutas son entrenados para unha disparatada guerra que orixinou o líder do país, que resulta ser un bebé consentido e belixerante. Unha ristra de personaxes divertidísimos e un sinfin de situacións disparatadas ao redor da temática da guerra e o poder serán a base desta sátira antibelicista de Yllana.
Yllana crea War Baby para facernos reflexionar a través da risa. War Baby é un espectáculo divertidísimo, cheo de humor, gags visuais e loucura cómica, pero que tamén sabe camiñar sobre a corda frouxa e utilizar a comedia como unha arma arroxadiza ante o sinsentido da guerra.