CANCELADA A GALA FLORES CONTRA O ESQUECEMENTO NA CORUÑA
Un ano máis, a Utopía estoura na Coruña: o circo volve co seu espírito transformador, demostrando que se pode facer posible o imposible, e o posible belo, e durante cinco días os barrios da cidade encheranse dalgunhas das mellores propostas, para rematar na Gala Flores Contra o Esquecemento do venres 18.
Así, este luns serán Rojo Telón co seu espectáculo "Soy ellas" quen inaugure a festa nos Xardíns de Méndez Núñez ás 20 horas, e continuarán os zancudos sobre patíns de Tchyminigagua a inundar de "Futurismo galáctico" a zona de Riazor e o Orzán ás 21 horas. Tamén eles e elas estarán o martes ás 19 enchendo de cor e futurismo da Rúa Barcelona até as Conchiñas, ás 19 horas, e Falcatrúa estarán con "Linocho e a lúa" nesta Praza ás 20. Ao día seguinte, mércores, son Trío Refugallo quen percorrerá a Rúa Real da Coruña ás 19, e o mago Dani García, co seu "Código", estará na Praza de Azcárraga ás 20 horas.
Xa o xoves é a quenda dos Circobulantes con "Daquípaló" en Parrote ás 19 horas, e de Kanbahiota, con "La Coquette", no Parrote ás 20 horas.