Formulario de busca

NOVAS

A galiña azul, de Fran Rei, xira por Galicia no mes das Letras!

Despois de máis de 100 representacións coas súas dúas anteriores pezas (A Historia de Brancaflor e O Conto de Barriga Verde), o cómico Fran Rei presenta neste 2017 A Galiña Azul, un espectáculo creado a partir da popular obra infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), publicada en 1968, despois de gañar o 1º premio do Concurso nacional de Contos Infantís O Facho. A estrea, con grande éxito, foi este luns 1 de maio, ás 20.00, na Praza de Mondariz.

Alén desta estrea, Fran Rei levará este espectáculo de maxia e monicreques por unha chea de concellos: Mañón (8 de maio), Val do Dubra (11), Frades (12), Santa Comba (13), Neda (14), Noia (14), Brión (15), Curtis (16), Festiletras de Ponteceso (16), Tui (17), Meaño (17), Vilagarcía (18), Arzúa (20), Sarria (21), ou A Pobra do Caramiñal (23).

Na súa liña habitual, Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos Casares creara para que a pequena Ana “non esquecese nunca que é galega”. Ana era unha rapaza de sete anos que, como tantas outras daquela, marchara cos seus pais fóra de Galicia.

Ademais de compartir espazo con referencias doutras obras e da biografía do autor ourensán, neste espectáculo entrelázanse as cinco historias que compoñen A Galiña Azul: "O peixe da fonte do xardín", "A bomba da felicidade", "A galiña azul", "A formiga esquiadora" e "O final da historia da galiña azul". Cinco contos fantásticos nos que comparten protagonismo animais e homes con características peculiares e carácter entrañable.

De novo, Fran Rei ponse baixo a dirección da luguesa Tareixa Campos, e conta coa colaboración de Marga Portomeñe, que deseñou e elaborou para o espectáculo uns monicreques a partir das marabillosas ilustracións orixinais do libro, de Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso, fillos de Xohán Ledo (Ricardo García Suárez), o deseñador e portadista de Galaxia durante máis de trinta anos.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Concerto singular

Cambados

09-05-2024

Horario pendente de confirmación


Via Morta

Rianxo

10-05-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Padrón

10-05-2024

12:30


Indóciles

Monforte

10-05-2024

20:15


Indóciles

A Illa de Arousa

11-05-2024

Horario pendente de confirmación


Rematou o simulacro

A Coruña

11-05-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Muros

11-05-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG