Kanbahiota gaña un novo premio Myau!
A compañía ripense Kanbahiota obtivo por segunda vez o Premio do MYAU Albendiego.Xa o obtiveran no 2014 co seu espectáculo Vaia circo!, e nesta ocasión foi La Coquette vencedor. O Festival MYAU, en Albendiego, Guadalaxara, é un dos principais festivais de circo do Estado español.
Trátase dun espectáculo de aéreos divertido e elegante, para toda a familia, con Rossina Castelli e Abraham Pavón como protagonistas e dirixido por Iván Prado. Unha nova proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio, escaleira e aro, sen esquecer o humor e o clown, que acompañan a espectacularidade dos números da troupe de Kanbahiota. Cunha coidada estética na posta en escena, Kanbahiota volven renovar o panorama dos aéreos en España tras o seu traballo en Francia e Bélxica na creación dos números da Coquette.