Formulario de busca

NOVAS

Ourense estrea SÉNIOR o 3 de Marzo, espectáculo cómico sobre a crise dos 50

O 3 de Marzo estréase Sénior no Auditorio Municipal de Ourense, antes haberá unha preestrea en Cariño o 24 de Febreiro.

Interpretada por Luís Iglesia e Marcos Orsi e dirixida por Avelino González, Sénior é unha produción de Culturactiva que reflexiona en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade...Visto como meu fillo ou como meu pai?...Haberá cadeiras nese concerto?...Como estarei mañá se tomo un segundo gin-tonic?...Ducias de preguntas que farán a máis de un sentirse identificado.

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá a estrea deste espectáculo de teatro para adultos o 3 de Marzo ás 20:30 horas. As entradas xa están a venda por 3,80€ en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/auditorio-municipal-de-ourense/8345—senior-culturactiva.html?a=1#main. Cariño poderá gozar xa o 24 de Febreiro da preestrea do espectáculo que tamén se poderá ver en Ortigueira e Muros os días 10 e 24 de Marzo respectivamente. A xira segue en Abril en Redondela, Boiro e Vimianzo.

Culturactiva SCG é unha distribuidora, compañía e produtora que traballa sempre pensando no público ao que se dirixe. Nesta nova produción para público adulto aposta por un humor coidado e intelixente.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Soños

Lugo

29-04-2024

12:00


Puro inferno

Ourense

30-04-2024

21:00


O Camiño do Afiador

O Barco de Valdeorras

01-05-2024

18:00


Indóciles

A Coruña

03-05-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Cedeira

04-05-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

04-05-2024

19:30


Somos a pedra

Santiago de Compostela

04-05-2024

22:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG