Por fin a lista de Spotify que precisabas!
Unha lista de galegas e galegos en galego.
En CULTURACTIVA cremos no noso e amamos o que facemos. Cremos na música en galego e por isto mesmo lanzamos a nosa lista de Spotify “GALICIA EN GALEGO”. Unha lista na que atoparás aos e ás mellores artistas na nosa lingua.
Pasando por autoras coma Guadi Galego, Mercedes Peón, Caxade, Leilía, Sumrrá, Suso Vaamonde ou Xoel López, esta recompilación xunta cancións en galego de diferentes temáticas e estilos.
Cremos nos artistas da terra e queremos que os goces. Escoita a nosa lista de Spotify. É imposible que non te namores.