Formulario de busca

NOVAS

Medidas de seguridade para o acceso aos espectáculos

En Culturactiva volvemos ás rúas, aos escenarios e ás salas con máis ganas e máis forza que nunca, e por iso queremos facelo con toda a seguridade posible. Por iso nos nosos espectáculos atoparedes información sobre as normas para acceder aos espazos.  

Antes de entrar ao espazo

É necesario manter a distancia de seguridade mínima de 1,5 m en todo momento, tanto no control de acceso como no interior do espazo. Todas as persoas maiores de 6 anos deberán acceder con máscara ou pantalla de seguridade.

Recollida de datos persoais

Coa finalidade de seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID19, será necesario notificar os datos persoais ao persoal de organización do evento. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e, se fora o caso, realizar a trazabilidade dos posibles casos de infección, e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Neste sentido, se calquera das persoas dera positivo nun prazo de 15 días, deberá comunicalo á organización a través do número 981 582 836

Dentro do espazo

Unha vez dentro, alguén da organización indicará a cada persoa cal é a súa localidade e, unha vez que o público estea sentado non poderá moverse. En caso de precisar saír do recinto deberá comunicarllo ao persoal de produción, e o mesmo para volver a entrar. As crianzas deberán estar en todo momento sentadas e acompañadas dunha persoa adulta durante o espectáculo.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG