Rematou un ano duro para todas e esperamos moito deste novo 2021. Veña como veña, con arte será marabilloso. Se algo temos aprendido é que a cultura, o entretemento, os espectáculos... son imprescindibles. Grazas a todos/as os/as artistas que aman o que fan e seguen loitando a pesar de todo. Moitas grazas tamén a todos/as os/as que facedes posible que este catálogo continúe un ano máis.
Comezamos o 2020 emocionados/as polo noso aniversario, pasaran 20 anos dende que tivemos o soño de crear unha cooperativa con compromiso social. Se fai un ano xa nos pareceu inverosímil que pasase tanto tempo, conseguir resistir dentro do sector cultural tras unha pandemia que descolocou as nosas rutinas, formas de facer e incluso de pensar... é case un milagre... un milagre con moito esforzo detrás e moitísima xente incrible que seguiu confiando en nós e nos nosos artistas. GRAZAS