Formulario de busca

NOVAS

Conexión Pingüin está de xira!

Os nosos dous intrépidos montañeiros de "Conexión Pingüin" teñen un fin de ano moi atarefado. O seu camiño á Antártida terá unhas cantas paradas en territorio galego para deixarnos desfrutar do seu espectáculo.

Conexión Pingüin é unha produción teatral de Culturactiva Producións, con texto de José Prieto, que sobe ao escenario a dous rostros ben coñecidos, os de Luís Iglesia e Marcos Orsi. Ambos percorrerán os escenarios galegos presentándonos esta reflexión en clave cómica, a dous tempos e dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación.

ANOTA AS DATAS! 

  • 29 de outubro en Ribeira
  • 30 de outubro en Ordes
  • 04 de novembro en Pontevedra
  • 07 de novembro en A Pobra do Caramiñal
  • 12 de novembro en A Laracha
  • 27 de novembro en Burela
  • 10 de decembro en A Coruña
  • 11 de decembro en Zas
  • 18 de decembro en Val do Dubra

A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica. 

Podes descubrir máis sobre este espectáculo visitando o seu apartado na nosa web.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Via Morta

Pontevedra

03-12-2023

16:00


Sue Moreno

Lourenzá

03-12-2023

17:30


Vero Rilo

Baiona

03-12-2023

18:00


Via Morta

Teo

04-12-2023

11:15


Artefeito

Arteixo

04-12-2023

12:00


Via Morta

Ordes

05-12-2023

12:30


Rudi Dudi

Melide

10-12-2023

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG