Formulario de busca

NOVAS

Pallasos en Rebeldía estrea FOOT, a dura historia dun futbolita palestino

FOOT estrearase o vindeiro luns 11 de outubro ás 21:00h no FIOT de Carballo, da man de Pallasos en Rebeldía. Inspirada en eventos reais, FOOT é un monólogo poético, cómico e surrealista no que un futbolista palestino conta o imposible camiño do seu equipo para se clasificar á Copa Mundial. Un camiño de controis militares, exilio, corrupción e morte.

Está escrita polo dramaturgo palestino-americano Ismail Khalidi, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei. Na natureza de FOOT está a natureza da asociación galega Pallasos en Rebeldía. Isto é, sensibilizar á cidadanía desde a cultura sobre as terribles situacións que están a sufrir pobos que padecen opresión, como o palestino.

“Queremos abrir procesos de esperanza e transformación dende aquí cara eses mesmos territorios en conflito, mediante accións que entenden a arte como linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos a través do teatro e o circo”, afirma Iván Prado, director da peza e voceiro de Pallasos en Rebeldía.

Ismail Khalidi naceu en Beirut de pais palestinos e foi criado en Chicago. É un dramaturgo e director que escribiu, dirixiu, interpretou, comisariou e ensinou internacionalmente. A súa obra aborda a historia de Palestina e o moderno Oriente Medio, así como temas transversais como a raza, o colonialismo e a guerra.

Iván Prado é un dos maiores expoñentes actuais do circo solidario a nivel internacional. Actor, director de clown, formador teatral e de risoterapia e defensor dos Dereitos Humanos. Nos últimos anos os seus proxectos supuxeron un revulsivo sen precedentes en territorios como as Favelas do Brasil, os campamentos de refuxiados/as no Sáhara ou Gaza.

Fran Rei é autor de guións, director teatral e actor cómico especialista en clown. Ten participado en máis dunha vintena de espectáculos teatrais e tamén ten experiencia no mundo da televisión. Formou, xunto a Pedro Brandariz, duas parellas cómicas: O Gordo e o Calvo e Os Ramistas.

Pallasos en Rebeldía é unha asociación Internacional de Cooperación e Cultura basada sobre a crenza de que a alegría e a risa poden ser transformadoras. É un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos. Exprésase a través das artes do clown e do circo defendendo o fin da ocupación sionista e o terror en Palestina. Tamén acompañan ao pobo saharauí no seu retorno ao Sáhara libre e forman parte do movemento de solidariedade coa revolución zapatista en México.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O conto de Barriga Verde

Lugo

18-04-2024

18:00


Rematou o simulacro

Lugo

19-04-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG