Formulario de busca

NOVAS

Rosalía, seleccionada en FETEN 2021

A obra Rosalía de Culturactiva Producións foi seleccionada en FETEN 2021, a feira de teatro infantil e xuvenil máis importante do Estado. Culturactiva Producións convírtese así na única compañía galega en participar nesta edición, que se celebrará do 9 ao 14 de maio en Xixón.

A peza, dirixida por Fina Calleja, fala da infancia de Rosalía de Castro, que antes de ser poeta foi unha nena alegre, forte e curiosa. Trátase dun espectáculo necesario no que os nenos e as nenas descubren a infancia de Rosalía, unha etapa da súa vida a miúdo esquecida nas biografías que se fixeron dela.

Para celebralo lanzamos un xogo nas nosas redes!

En Culturactiva Producións queremos celebrar a nosa participación en FETEN por todo o alto, por iso hoxe lanzamos o xogo "Tralos pasos de Rosalía", no que agochamos poemas en varias localizacións de Galicia relacionadas coa vida e obra da poeta. A xente que queira participar deberá seguir as pistas que iremos colgango nas nosas redes sociais, atopar os poemas e subir unha foto deles co hashtasg #RosalíaEsFETEN en Instagram ou Facebook para gañar un pack de agasallos de Rosalía!

 

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Rematou o simulacro

Lugo

19-04-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG