Formulario de busca

NOVAS

Terra Máxica chega a Santiago de Compostela!

O Mago Teto, Dani García, Fani Triana, Fran Rei, Martilda, Iván Asenjo e Pablo Super Cool serán os/as protagonistas deste festival que chega á capital galega tras seis anos celebrándose con éxito no Concello de Ourense. Organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. Galega, Terra Máxica consolídase así como un festival de referencia na maxia galega. Isto non sería posible sen o apoio do Concello de Santiago, que con esta iniciativa fai posible que a maxia chegue a todos os recunchos da cidade.

 

 

MAGO TETO

Desde a estrea dese primeiro espectáculo en 1996, con tan só 19 anos, o Mago Teto foise convertendo nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público. Os seus espectáculos adáptanse a calquera tipo de escenario, da rúa ás salas, pasando por grandes teatros. Chega a Terra Máxica con espectáculos como  As Nosas Letras e A Breve Historia da Maxia.

DANI GARCÍA

Con máis dunha década de traballo como mago ás súas costa, Dani García compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos, recollendo así os froitos da súa formación nas diversas ramas da interpretación e da escena, unha bagaxe que lle permite crear producións propias que son auténticas obras de teatro máxicas, onde todo ten un por que e unha lóxica que fai do ilusionismo algo intanxible, pero próximo para o público.

FANI TRIANA

A maga Fani Triana ten un xeito diferente de ollar, amosar e emocionar coa arte do encantamento: dende a mirada dunha muller e da igualdade. Conta con experiencia no mundo da maxia en teatros e auditorios pero tamén en centros socioculturais. Chega ao Terra Máxica para crebar clixés e rachar co preestablecido para romper os estereotipos machistas e racistas por arte de maxia.

FRAN REI

Fran Rei é autor de guións, director teatral e actor cómico especialista en clown. Ten participado en máis dunha vintena de espectáculos teatrais e tamén ten experiencia no mundo da televisión, onde xunto a Pedro Brandariz formou as parellas cómicas O Gordo e o Calvo e Os Ramistas. En Superheroe combina clown  e ilusionismo para converterse nun pai que ten que salvar a humanidade de terribles ameazas sen esquecer a conciliación.

MARTILDA

Martilda está especializada en maxia de preto, unha disciplina na que o público poderá ver a maxia de dun xeito cercano e único. Esta maga comezou a súa viaxe no mundo do ilusionismo hai seis anos, e dende entón non deixou de estudar, chegando a ser alumna directa de Juan Luis Rubiales.

IVÁN ASENJO

Encéndense os focos, sube a música e óense uns tacóns. Así comezan os espectáculos de Iván Asenjo, quen cunha arriscada posta en escena e un look transgresor deixará abraiado ao público do Terra Máxica. Pese á súa xuventude, Iván Asenjo xa é coñecido no mundo da maxia e gañou  o Terceiro Premio FISM EUROPA en Grandes Ilusiones no 2017

PABLO SUPER COOL

Pablo Super Cool é un clown e mago especializado na maxia cómica cunha traxectoria de prestixio detrás. Estudou maxia en lugares como a Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, a Escola de Interpretación de Cristina Rota ou a Ecóle Philippe Gaulier en Londres. No que leva de carreira foi acumulando galardóns como o Nariz de Ouro do Festival Internacional de Clowns de Madrid, o Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Santa Susanna ou co Premio do Público do Festiclown Vilagarcía.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG