Volve o Festaclown Vilagarcía!
Na pasada edición enfrontámonos ao reto máis difícil dos noso 20 anos de experiencia: facer un festival cun protocolo covid para que o circo non parase e demostrar que a cultura é segura. Conseguimos sacar adiante con éxito unha edición que foi moi emocionante para nós e para o público, e este ano non vai ser menos. Un ano máis, volven as risas a Vilagarcía!
“Tras máis dun ano marcado pola covid, que volvan o clown, o circo e a cultura é agora máis necesario que nunca. Non sabemos se a risa é a mellor medicina, pero sen dúbida demostrou ser imprescindible para resistir”, afirma Nacho Fungueiriño, coordinador do Festaclown.
As protagonistas do FESTACLOWN 2021 serán as mellores compañías galegas: Pedras de Cartón, Circo Chosco, Dani García, A Vela Circo, Sue Moreno, Assircópatas… Sen esquecernos de grandes nomes a nivel estatal e internacional como Bergamotto Clown, Mayte Guevara, Rudi Dudi ou Eddy Eighty.
Unha vez máis, o FESTACLOWN caracterizarase polo seu compromiso social, con actividades como o CheckPoint Clown de Pallasos en Rebeldía ou os espectáculos de narración oral pola igualdade e a diversidade, a cargo de Larraitz Urruzola e Xarope Tulú. Retomamos ademais o Certame Festaclown, onde será o público de todas as idades quen escolla o seu espectáculo favorito.
Para ir quecendo motores o día 12 celebraremos os 20 anos de clown de Fran Rei e Pedro Brandariz cunha escolma dos seus mellores momentos cómicos, o día 13 o 40 aniversario de Clámide co seu particular Enfermo Imaxinario e o día 16 ambientaremos as rúas con Troula e Somdolilá.
Toda a información en www.festaclown.gal