Formulario de busca

NOVAS

Adiada a estrea de (Algunhas) Cousas de Castelao, unha divertida peza de teatro inclusivo sobre a obra do poeta

(Algunhas) Cousas de Castelao é a nova obra de Artefeito Producións e a Asociación Avante, que se estreará o vindeiro 20 de maio ás 20:30h no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa de Sigüeiro. Unha peza que pasea polo drama e a comedia e que é un achegamento ao humor na obra do xenio de Rianxo. O espectáculo está distribuido por Culturactiva e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Un elenco encabezado por actores e actrices da Asociación Avante aos que se suman Isabel Risco e Fran Rei, converten esta peza teatral nunha reivindicación do teatro como ferramenta de inclusión. “Todo o mundo ten dereito a participar na cultura, non só a destrutala, tamén a creala” afirman dende Culturativa. “Os proxectos como este, que normalizan e dan visibilidade á diversidade funcional, non deberían ser unha novidade senón unha normalidade”.

O público gozará dun divertido percorrido polos textos de Castelao, achegánsose á súa enxeñosa forma de ver a Galiza do seu tempo. As festas populares, as xentes do mar, a retranca, o idioma, a morte, o humor, o medo… temas locais e universais que siguen a preocuparnos hoxe en día.

(Algunhas) Cousas de Castelao ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede. “Queremos botar un ollo ao pasado para comprender mellor o presente e, de paso, facer rir ao público”, conclúen.

Ademais da estrea do día 20, xa están pechadas sete datas en sete Concellos grazas a xira de FalaRedes 2022.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Tres Pesos na Estrada

A Estrada

27-05-2022

Horario pendente de confirmación


Superheroe en Padrón

Padrón

27-05-2022

20:00


Margarida Mariño en Pontevedra

Pontevedra

27-05-2022

20:00


Os Monifates en Muras

Murás

28-05-2022

Horario pendente de confirmación


Isla Letriska en Barreiros

Barreiros

28-05-2022

18:00


La Quinkillada no Ouren Sound Fest

Ourense

28-05-2022

18:15


Bravas en Caldas de Reis

Caldas de Reis

29-05-2022

19:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG