Formulario de busca

NOVAS

Chega a V edición do Brión Inclúe

O V Festival Brión Inclúe celebrarase do 1 ao 13 de novembro cunha programación pensada dende e para a inclusión real de persoas con discapacidade. Na súa quinta edición, Brión Inclúe contará coa participación de artistas, compañías e asociacións como Raquel QueizásAsociación Saúde Mental A Mariña, Pakolas, Al Lío, Vuelta y Media, Circo Chosco, ContAZ, Fundación DISA, De Tapas, Ana Fernández, DJ REY e Adriana Bugallo.

Elas serán as protagonistas como creadoras de cultura, ofrecendo á cidadanía unha programación que incluirá unha exposición de pintura e espectáculos de teatro e música. 

Un ano máis, o festival loita pola importancia deste tipo de iniciativas que amosan o poder da cultura como ferramenta de integración. Ademais, insistimos na necesidade de seguir reivindicando o dereito a facer e consumir cultura sen barreiras.

Bion Inclúe é unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e coa colaboración de Hotel Balneario Compostela e Restaurante Kratos. 

PROGRAMACIÓN DO V FESTIVAL BRIÓN INCLÚE

DO 1 AO 13 DE NOVEMBRO 
Exposición de pintura da Asociación Saúde Mental A Mariña
CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DE BRIÓN 

VENRES 04 
Ás 18.00 h 
Pakolas: Rockeando con Ramona Órbita
No Centro Social  Polivalente de Brión.

SÁBADO 05
Ás 20.00h
Al Lío: Nós todas. Vuelta y Media. Veciños
No Centro Social Polivalente de Brión.

LUNS 07
Ás 11.00h
Raquel Queizás: O  Agasallo da Lúa
No Centro Social Polivalente 
Para alumnos/as de 1º de Primaria do CEIP Pedrouzos de Brión

MÉRCORES 09
12.15h
Artefeito Producións e Asociación AVANTE: (Algunhas) Cousas de CASTELAO 
No Centro Social Polivalente 
Para alumnos/as de 2º  da ESO do IES Brión

VENRES 11
Ás 11.00h e ás 13.00h
Circo Chosco: Forzu2
No Centro Social Polivalente de Brión
Para colectivos de persoas con diversidade funcional.

--

Ás 18.00h
ContAZ, Lingua de Signos: A Maleta
Na Sala de Exposicións do Concello de Brión.

SÁBADO 12 
Ás 20.00 h 
Fundación DISA Canarias: Barbarroja 
No Centro Social Polivalente de Brión

DOMINGO 13 
Ás 12.00 h Sesión Vermú
Con De Tapas, Ana Fernández e DJ REY. Presentada por Adriana Bugallo 
No Centro Social Polivalente de Brión

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

OH - PERA

Ribeira

25-03-2023

1:00


Viva a Loita Amada Revolucionaria

Mos

25-03-2023

Horario pendente de confirmación


Uxía e Ruibal

Pontevedra

25-03-2023

12:30


Quixote

Santiago de Compostela

25-03-2023

17:00


Quinkillada

Santiago de Compostela

25-03-2023

21:00


Rosalía

Vedra

26-03-2023

Horario pendente de confirmación


Filipa cos contos

Narón

26-03-2023

18:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG