Formulario de busca

NOVAS

Culturactiva participa un ano máis na produción da Romaxe Artesá da Chaira

A área recreativa da Veiga de Muras acollerá o vindeiro sábado 28 a sexta edición da  Romaxe Artesá da Chaira. Unha xornada para  poñer en valor o rural e gozar en familia dun programa diverso e completo.  Unha cita obrigada dentro da programación anual da provincia de Lugo na que Culturactiva leva tres edicións colaborando co Concello de Muras na súa xestión e programación.

Un ano máis, a nosa equipa de produción, en colaboración coa do Concello, artellou o esqueleto desta celebración na que haberá música, artesanía, gastronomía e, incluso, astronomía. Sete actuacións, catro obradoiros e actividades grupais, once mostras de artesanía e decenas de postos de venda nunha programación pensada para todos os públicos. 

 

A xornada dará comezo ás 11.00 horas e ao longo de todo o día haberá demostracións de artesanía e oficios ao vivo. Tamén contaremos con obradoiros de instrumentos tradicionais para as crianzas, de traballo en barro para as persoas adultas e unha  cata de cervexa artesá.

A música será a outra gran protagonista desta cita, con actuacións para todos os públicos. Desfrutaremos das actuacións do grupo de música tradicional vilalbés Buxos Verdes, das escolas de música e baile tradicional de Muras e Pastoriza e da Charanga Mekánica. Pero o concerto estrela será o de Xisco Feijoó, que acode a presentar o seu primeiro disco,  Peixe, a partir das 21.30 horas. 

Os máis pequenos tamén terán o seu apartado neste completo programa, xa que poderán gozar do concerto de Mamá Cabra e dos monicreques Monifates, co seu espectáculo De  festa en festa.

A  Romaxe  Artesá dá  Chaira pecharase cunha charla sobre a influencia da astronomía na cultura e costumes da Chaira e unha posterior interpretación do ceo nocturno, a cargo de Marcos López e Paulino  Gasalla.

Estamos ultimando os detalles, así que non faltedes. Vémonos o sábado en Muras!

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30


Via Morta

Outeiro de Rei

27-04-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG