Formulario de busca

NOVAS

Descobre Chamada á Lúa, o videoclip que vén de lanzar Javier Otero Neira e que forma parte de Saraiba

Xa está dispoñible Chamada á Lúa, o primeiro videoclip do novo disco de Javier Otero Neira, que une piano e electrónica con influenzas da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar. 

Este novo tema forma parte do seu novo traballo, Saraiba, que viu a luz o pasado 21 de marzo. O álbum está composto por sete temas e é o seu disco máis persoal ata a data. "Unha mestura de piano e electrónica que reflicte a miña enerxía interior", afirma. 

Javier Otero defínese a si mesmo como un artista polifacético, e máis que nunca, experimental. De formación “clásica”, sempre estivo interesado en todo tipo de músicas. 

Javier Otero sempre mantivo unha actividade paralela á súa carreira como pianista no mundo da cultura. É o director artístico do Piano Meeting (Festival de pianos na rúa), e o creador dos “Silent Wifi Music Experience” (Concertos ao aire libre, nos que o son chega a uns auriculares cunha tecnoloxía WIFI).  

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Latexo Percusión

A Coruña

01-10-2023

Horario pendente de confirmación


Bregadiers

Tordoia

01-10-2023

13:00


Saaabor!

Cerdido

01-10-2023

19:00


Encerrona

Carballo

01-10-2023

20:30


4.0

Melide

02-10-2023

Horario pendente de confirmación


Concerto singular

Tineo

05-10-2023

18:00


70

Pontevedra

05-10-2023

21:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG