Formulario de busca

NOVAS

El teatro gallego emociona al público asistente a la Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo

A pasada fin de semana celebrouse la Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo, un evento onde o teatro galego emocionou da man das compañías Baobab e Sarabela.

Culturactiva estivo presente acompañándoas e desfrutando dos espectáculos cos que emocionaron aos programadores e programadoras de todo o estado.

Unha chea de grúas de papel anunciaban polas rúas de Ciudad Rodrigo a chegada da obra Ás para Álex  á Feira de Teatro.

Baobab Teatro combina nesta obra os máis delicados recursos teatrais para achegarse a historia de Álex: un neno de oito anos coma outro calquera ao que lle gusta correr, xogar, ir ao parque... pero que un día ten que deixalo todo porque o seu corpo non responde. Álex enfádase co mundo e asólano moitas preguntas: "Por que a min? Por que non podo xogar? Por que? Por que?"

Está tan enfadado que deixa de mirar ao seu redor ata que un día aparece Laura no seu camiño e, sen pedir permiso, con moito coidado e cariño, entra de cheo na súa vida para axudarlle a mudar a mirada. 

Sarabela Teatro chegaba a Ciudad Rodrigo coa obra coa que celebraban os sus 40 anos de historia como compañía. E para unha ocasión tan especial, os seus actores e actrices prepararon a estrea en castelán desta peza.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. É, dalgún xeito, voltar a casa.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Tralalareira

Vimianzo

29-01-2023

12:00


Saaabor!

A Coruña

29-01-2023

12:30


As Alumnas

Vimianzo

01-02-2023

11:00


Nabiza Girl

A Estrada

04-02-2023

Horario pendente de confirmación


Tolemaxias

Vigo

04-02-2023

17:30


As Alumnas

Muros

04-02-2023

21:00


Levaino!

Xinzo de Limia

04-02-2023

23:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG