Formulario de busca

NOVAS

Estreamos (Algunhas) Cousas de Castelao, unha divertida peza de teatro inclusivo sobre a obra do poeta

(Algunhas) Cousas de Castelao é a nova obra de Artefeito Producións e a Asociación Avante, que se estreará o vindeiro 3 de xuño ás 20h na Baña. Unha peza que pasea polo drama e a comedia e que é un achegamento ao humor na obra do xenio de Rianxo. O espectáculo está distribuido por Culturactiva e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Un elenco encabezado por actores e actrices da Asociación Avante aos que se suman Isabel Risco e Fran Rei, converten esta peza teatral nunha reivindicación do teatro como ferramenta de inclusión. “Todo o mundo ten dereito a participar na cultura, non só a destrutala, tamén a creala” afirman dende Culturativa. “Os proxectos como este, que normalizan e dan visibilidade á diversidade funcional, non deberían ser unha novidade senón unha normalidade”.

O público gozará dun divertido percorrido polos textos de Castelao, achegánsose á súa enxeñosa forma de ver a Galiza do seu tempo. As festas populares, as xentes do mar, a retranca, o idioma, a morte, o humor, o medo… temas locais e universais que siguen a preocuparnos hoxe en día.

(Algunhas) Cousas de Castelao ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede. “Queremos botar un ollo ao pasado para comprender mellor o presente e, de paso, facer rir ao público”, conclúen.

Ademais da estrea do día 20, xa están pechadas sete datas en sete Concellos grazas a xira de FalaRedes 2022.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Os Monifates en Silleda

Silleda

07-07-2022

Horario pendente de confirmación


Mercedes Peón en Barcelona (Festival Grec)

Barcelona

07-07-2022

Horario pendente de confirmación


Galifunk en Meis

Pontevedra

07-07-2022

21:00


Malabaridades en Vila de Cruces

Vila de Cruces

08-07-2022

Horario pendente de confirmación


O estrano caso do dentista da rúa Brasov en Lekeitio

Lekeitio

08-07-2022

Horario pendente de confirmación


Ikigai en Cangas

Cangas

08-07-2022

Horario pendente de confirmación


Animacreques en Muros

Muros

08-07-2022

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG