Formulario de busca

NOVAS

O Foro de Artes Inclusivas celebrarase en Ferrol os días 17 e 18 de febreiro

Dende Culturactiva, co apoio do Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña, impulsamos o Foro de Artes Inclusivas, un punto de encontro para profesionais da xestión cultural e social que abogan pola normalización das programacións inclusivas. Dúas datas para visibilizar a necesidade de que a cultura, por definición, sexa inclusiva. 

Serán as programadoras e as propias artistas as que demostren as posibilidades para conseguir programacións inclusivas a través dos espazos de conversa e espectáculos como Habitados. Todo isto baixo a idea do liderazgo das persoas con diversas funcionalidades na construción dun mundo inclusivo, accesible e sostible.

O Foro de Artes Inclusivas (FAI) será un encontro innovador, pensado na participación, o espectáculo e a aprendizaxe en comunidade. A través de mesas redondas, debates, grupos de traballo e espectáculos inclusivos, crearemos un espazo de encontro para que os/as profesionais poidades compartir experiencias e necesidades arredor da cultura inclusiva en Galicia. 

FAI estará dividido en dúas propostas de actividades. Dunha banda unha parte de debate, na que participarán figuras destacadas na acción activa de loita pola inclusión nas programación culturais das nosas vilas. Nestes espazos trataranse temas como o financiamento, a comunicación ou a organización de eventos inclusivos. Doutra banda, poderemos gozar de espectáculos inclusivos de primeirísimo nivel como Habitados de Experimentadanza, un proxecto transformador de música electrónica.

Desde Culturactiva parécenos fundamental organizar e impulsar eventos dirixidos a profesionais nos que poder crear espazos de debate e compartir experiencias reais. Nos nosos máis de 20 anos de experiencia no sector fomos descubrindo compañías, asociacións e profesionais que fan posible que todos e todas participemos na cultura.

É posible facer unha programación inclusiva e de calidade? Neste foro demostraremos que si.

Inscríbete xa escribindo a info@culturactiva.org

Aquí deixamos a programación! Súmate!

DÍA 17 

09.15 a 09.30 | Benvida

09:30 a 11:00 | Mesa Redonda. O Estado da Cultura Inclusiva en Galicia . Políticas Culturais sobre Inclusión e creación de espazos para a cultura inclusiva. Participantes: 

  • Manuel Aguilar, xerente da Fundación Emalcsa

  • Xavier Campos, Asesor Cultural da Deputación da Coruña

  • Mª Jesús Pérez, compoñente da directiva de Cogami 

  • Patricia Amil, responsable de Didáctica na Fundación María José Jove

  • Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo

 

11:00 a 12:00 | Espectáculo. HABITADOS de Experimentadanza.

12:00 a 12:30 | Descanso e café.

12:30 a 14:00 | Programacións Inclusivas. Presentacións de proxectos destacados. Participantes: 

  • Cristina - Festival Igualarte

  • Nacho Fungueiriño - Festigual

  • Antonio Arias - Poten100mis e Plataforma Diversidarte

  •  Lara Fernández - Superarte Viveiro

  • Carlota Pérez - Artes pola Integración

 

DÍA 18 MAÑÁ

09:30 a 11:00 | Grupos de Traballo Cultura sobre Cultura Inclusiva. Horarios, formatos, orzamentos, accesibilidade, comunicación.

11:00 a 12:00 | Espectáculo de Arte Inclusivo. Chungo Pastel, A Trastenda dos Contos e Jaime Fernández da FAXPG

12:00 a 12:30 | Descanso e café amenizado por Chungo Pastel

12:30 a 14:00 | Creación nas Artes Inclusivas. Proxectos artísticos destacados. Participantes: 

  • Victor Duplá - actor, director e formador teatral  

  • Víctor Fuggeto - Proxectos de Música e diversidade no Centro San Xarome

  • Felipe Caxoto e Gema Santos - Narración con LSE

  • Iago González - Proxecto Máscaras

  • José Manuel González León - Poten100mons e Plataforma Diversidade

  • Jimena Maguna - Chungo Pastel

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Puños de harina

A Coruña

14-11-2024

20:00


Fazulas e o ladrón de Paraugas

Muros

15-11-2024

18:00


Enredada

Fene

15-11-2024

20:00


Tralalareira

Culleredo

15-11-2024

20:30


Tralalareira

Culleredo

15-11-2024

20:30


Rematou o simulacro

Santiago de Compostela

15-11-2024

20:45


Síntese Horizonte

Vigo

15-11-2024

21:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG