Formulario de busca

NOVAS

O mago galego Dani García, seleccionado para participar no Campionato Mundial de Maxia Rúa

O mago Dani García vén de ser seleccionado para o Campionato Mundial de Maxia de Rúa que se celebra en Turín (Italia) do 2 ao 5 de xuño. O galego foi un dos dez magos escollidos para participar neste certame organizado polo Master of Magic World Convention. Participará co seu espectáculo Don Gelati, un espectáculo de maxia e humor no que conta con Fran Rei como asesor cómico.

Dani García fundou a súa propia compañía hai case 20 anos co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos, e dende entón o prestixio do seu nome non deixou de medrar. Na actualidade compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos.

Dani García competirá en Italia tras estrear o seu novo espectáculo

Esta selección para o campionato italiano non é o primeiro recoñecemento internacional que recibe. Ao longo dos anos no Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas.

O Museo Encantado é o novo show que Dani García vén de estrear o 17 de maio. Unha peza de ilusionismo que se suma aos outros tres espectáculos que ten en xira: Gadalka, TIN e Don Gelati. “Trátase dun novo concepto de espectáculo de rúa, onde o público pode interactuar e ver a maxia máis preto que nunca sentindo que está nun Museo Encantado”, explica o artista.

Nesta nova montaxe, o público atoparase con catro cabinas máxicas: un particular confesionario, unha típica cabina de teléfonos inglesa, un divertido fotomatón e un autómata inspirado nas barracas de feria. En todas elas terán lugar microespectáculos de maxia e ilusionismo pensados para grupos reducidos.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG