Formulario de busca

NOVAS

O programa de Teatro Veciñal de Ferrol chega a súa fin con catro representacións inéditas

O 28 e 29 de maio e o 4 e 10 de xuño terán lugar as actuacións finais do programa Teatro Veciñal de Ferrol organizadas polo Concello e Culturactiva. Serán catro funcións das pezas 'Serei unha bolboreta?' e 'Lambiscadas', nas que o alumnado participante nos obradoiros mostrará ao público o aprendido durante o curso.

Ponse así o broche final a unha edición do programa Teatro Veciñal que durante sete meses formou a 24 persoas no ámbito do teatro. “Aprendimos sobre o proceso de creación das obras, as tarefas que envolven a representación, a técnica, o vestiario a actitude e, sobre todo, a paixón pola dramaturxia”, indican dende a organización.

'Serei unha bolboreta?' e 'Lambiscadas' foron creadas de xeito íntegro pola veciñanza de Ferrol que participou nestes obradoiros coordinados pola actriz e directora de teatro Helga Méndez. As persoas participantes dividíronse en dous grupos e cada un formou a súa propia compañía e peza de teatro. “Era un alumnado sen coñecementos previos sobre artes escénicas, pero con moitas ganas de aprender e gozar do teatro. Non hai máis que ver as obras que crearon para decatarse desa motivación”, explican.

Sobres as obras

‘Lambiscadas’, de Romaria Teatro (obradoiro de Valón).

Un grupo de amizades reúnense para celebrar e conversar. Romaria Teatro aproveita esa celebración para abordar as diferenzas entre os espazos rurais e os urbanos, onde o sentimento de comunidade é moi diferente. 

O público desfrutará da peza nun espazo ao aire libre, cun tendal ao fondo polo que pasarán imaxes e un mantel arredor do que se compartirán saberes e desexos.

A obra constrúese a través de relatos propios, músicas e outros saberes populares recordados e recollidos polo alumnado dos obradoiros de Teatro Veciñal. Tamén se inclúen relatos do libro Xente na brétema, do viñetista ferrolán Siro. 

Sábado 28 de maio - 20.00h - Local SCDR O Cruceiro de Valón

10 de xuño - 20.00h - Capela do Torrente Ballester

‘Serei unha bolboreta?’ de Martabela Teatro (obradoiro de Torrente). 

‘Serei unha bolboreta?’ de Martabela teatro fala sobre a Educación a través dun espazo escénico creado con columnas de libros, unha lousa e unha lámpada.

O grupo fala neste peza das diferenzas entre a educación pasada e a presente. De como se ensina na cescola e na familia, no público e no íntimo. Da importancia da memoria afectiva e sensorial como puntos de partida para compartir experiencias e reflexionar en comunidade. O público reflexionará co elenco sobre como queremos que sexa a educación no futuro. 

Esta dramaturxia foi creada a partir de recordos individuais do alumnado do obradoiro, e de entrevistas e encontros con persoasque forman parte da comunidade educativa e artística da cidade.

Domingo 29 de maio - 20.00h - Capela do Torrente Ballester

4 de xuño - 20.00h - Local SCDR O Cruceiro de Valón

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG