Formulario de busca

NOVAS

Uxía e Ruibal levan "Da túa casa a miña" por toda a xeografía española

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen forzas e talentos para presentar un novo proxecto: Da túa casa a miña. Un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, que nos fará coñecer máis a fondo a obra destes poetas e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía.

Unha unión norte-sur a través da poesía e a música que presentarán agora ao longo da xeografía española nun espectáculo que emocionará a tódolos públicos.

Uxía e Ruibal proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración. 

UXÍA é considerada a gran dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, fusionando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. 

JAVIER RUIBAL é considerado un iniciador dos novos movementos do flamenco, un dos cantautores máis prestixiosos de España. Na súa peculiar mestizaxe musical teñen cabida estilos como o jazz, o flamenco e unha clara vinculación cos poetas da Xeración do 27, como Rafael Alberti e ou Federico García Lorca. 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Marta Doviro en Carballo

Carballo

30-09-2022

Horario pendente de confirmación


Rilo&Penadique en Palmeira

Ribeira

30-09-2022

18:30


Dakidarría en Ponteareas

Ponteareas

30-09-2022

21:30


Diáspora Teatro en Bergondo

Bergondo

01-10-2022

Horario pendente de confirmación


Baobab Teatro en Rianxo

Rianxo

01-10-2022

Horario pendente de confirmación


Galifunk en Cuntis

Cuntis

01-10-2022

Horario pendente de confirmación


Pedras de Cartón en Val do Dubra

Cuntis

01-10-2022

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG