Formulario de busca

NOVAS

Xa está dispoñible a programación da segunda edición de Guerrilla

Vimos de presentar, xunto ao Concello de Pontevedra, a programación do Guerrilla 2022. A segunda edición deste evento volve con forza para encher Pontevedra da cultura máis comprometida e social. Do 1 ao 4 de decembro desfrutaremos dunha programación de faladoiros, teatro, circo e música.

Na rolda de prensa, durante a que se desvelou a programación completa, estiveron presentes Nacho Fungueiriño, coordinador da iniciativa; Carmen Fouces, Concelleira de Cultura e Mónica Caamaño, actriz na obra "As Alumnas".

“Este proxecto nace para perseguir a utopía a través da cultura. Unha cultura comprometida, alternativa, revolucionaria, de resistencia e accesible a todo o mundo. En definitiva, unha cultura guerrilleira”, afirma Nacho Fungueiriño, coordinador da iniciativa, impulsada polo Concello de Pontevedra e Culturactiva S. Coop. Galega. Ademais, dende a organización destacan que Pontevedra é o lugar perfecto para acoller este proxecto, pois a vila é un exemplo de resistencia a nivel cultural e social en Galiza.

Nesta segunda edición, Guerrilla tratará temas como a educación e a censura musical durante o franquismo ou a loita do pobo saharui con artistas da talla de Luís Pastor, Pepe Viyuela, Yslem Hijo del Desierto, Uxía Senlle, Isabel Risco, etc. 

O obxectivo de Guerrilla é por en valor as loitas sociais e culturais históricas que se artellaron no noso país e demostrar que non están mortas. Guerrilla é o vivo exemplo de que dende todos os recunchos de Galicia e do resto do mundo se están a facer pequenas accións culturais para construír unha sociedade xusta para todos e todas.

Consulta a programación completa aquí.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

La lengua de las mariposas

Cádiz

24-03-2023

20:30


OH - PERA

Ribeira

25-03-2023

1:00


Viva a Loita Amada Revolucionaria

Mos

25-03-2023

Horario pendente de confirmación


Uxía e Ruibal

Pontevedra

25-03-2023

12:30


Quixote

Santiago de Compostela

25-03-2023

17:00


Quinkillada

Santiago de Compostela

25-03-2023

21:00


Rosalía

Vedra

26-03-2023

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG