Formulario de busca

NOVAS

A Barca do Inferno, de Nauta Teatro, seleccionada na Feira de Teatro de Castilla la Mancha

A peza tamén é finalista nos premios de teatro María Casares e xa fora seleccionada no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

A Barca do Inferno é unha viaxe ao mundo de mañá. Un lugar cheo de contaminación, plástico, intoxicación. As consecuencias das nosas accións lévannos inevitablemente á nosa exitinción. O punto de partida é a obra homónima do autor portugués Gil Vicente. Nauta utiliza o texto ao servizo das súas inquedanzas permitíndose algunhas licencias para atopar a simbiose entre o clásico e o contemporáneo.

Nauta é unha nova compañía que bebe do teatro físico, especialmente do mundo da máscara e os monicreques. Dende o seu desexo de afondar e descubrir a arte escénica do día de hoxe, Nauta explora un teatro onde os estilos únense para abrir novos espazos. 

A Barca do Inferno está tendo unha gran acollida entre a crítica. Agora, estarán na recoñecida Feira de Teatro de Castilla la Mancha. 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

OH - PERA

Ribeira

25-03-2023

1:00


Viva a Loita Amada Revolucionaria

Mos

25-03-2023

Horario pendente de confirmación


Uxía e Ruibal

Pontevedra

25-03-2023

12:30


Quixote

Santiago de Compostela

25-03-2023

17:00


Quinkillada

Santiago de Compostela

25-03-2023

21:00


Rosalía

Vedra

26-03-2023

Horario pendente de confirmación


Filipa cos contos

Narón

26-03-2023

18:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG